sábado, 19 de noviembre de 2016

BANCO DE IMAXES

XURAMENTO DOS HORACIOS

Autor: Jacques-Louis David
Ano: 1784
Localización actual: Museo do Louvre
Explicación: Luis xvi encargoulle a obra coa intención de que fose unha alegoría sobre a lealtade ó Estado e ó rei. Nél represéntase o saúdo romano, co brazo extendido e a palma cara abaixo. Este cadro foi unha das imaxes máis representativas da época.



  A MORTE DE SÓCRATES

Autor: Jacques-Louis David
Ano: 1787
Localización actual: Museo Metropolitano de Arte, Nova York, Estados Unidos.
Explicación: Foi un encargo dos irmáns Trudaine. A obra representa a morte do filósofo grego Sócrates, condenado a morrer por expresar as súas ideas en contra dos deuses ancestrais e influír na xuventude ateniense. O seu discípulo Critón ponlle a man no muslo e intenta que non faga o que vai facer. O carceleiro entrégalle a copa de cicuta que o fará morrer con tristeza e Sócrates alza a man decidido a tomar o veleno, isto despois de haber dito un discurso sobre a inmortalidade da alma.



A PITA CEGA


Autor: Francisco de Goya
Ano: 1789
Localización actual: Museo do Prado
Explicación: Foi feito para decorar a habitación das infantas do Pazo do Pardo e foi pintado pouco despois de que Carlos IV fora rei de España. O cadro mostra persoas xogando á pita cega cunha personaxe no medio cos ollos vendados e cunha culler coa que intenta tentar aos que están bailando arredor.


                                   A MORTE DE MARAT


Autor: Jacques-Louis David

Ano: 1793
Localización actual: Museos Reais de Belas Artes de Bélxica.
Explicación: Representa a morte do escritor de periódico xacobino Jean-Paul Marat. Foi apuñalado o 13 de xullo de 1793, mentres escribía na súa bañeira, por Carlota Corday (xirondina). A muller viaxou a París ca idea de matar a Marat para salvar a Francia. Entrou na súa casa coa excusa dunha lista de xente que debía ser executada. El agradeceullo e inmadiatamente matouno.




A CORONACIÓN DE NAPOLEÓN


Autor: Jacques-Louis David
Ano: 1807
Localización actual: Museo do Louvre
Explicación: A coronación de Napoleón tivo lugar en Notre Dame e así manifestaba que era fillo da Revolución e designaba París como centro político, administrativo e cultural en Francia.


       A MORTE DE VIRIATO

Autor: José Madrazo
Ano: 1807
Localización actual: Museo do Prado
Explicación: No centro está p difunto xeneral sobre o cal se abalanzan doloridos os seus servidores máis achegados. Á esquerda hai dous lanceiros e outro servidor. Á dereita un militar cos brazos abertos e un xóven fai sonar o seu corno para avisar do crime ó resto do campamento. Dous guerreiros marchan vestidos á grega coa intención de vingar a morte do militar. 

A BAÑISTA DE VALPINÇON



Autor: Jean-Auguste-Dominique Ingres
Ano: 1808
Localización actual: Museo do Louvre
Explicación: Apréciase a figura dunha muller desnuda, unha cama cuberta por unha saba branca e mais unha cortina verde oscuro. Liñas sinuosas, debuxos exactos, formas puras... estas son algunhas características neoclásicas que podemos apreciar nesta obra. A figura ten gran monumentalidade e mostra o ideal de beleza da época.

ANTIGO RÉXIME E ILUSTRACIÓN

BATERÍA DE PALABRAS
1. Antigo Réxime: sistema sociopolítico-económico que se da en europa nos séculos xvii e xviii.

2. Mercantilismo: forte intervención do Estado na economía. Principalmente en actividades agrarias, comercio e artesanía.

3. Principio de autoridade: coñecemento sometido a autoridade dos mestres antigos. O antigo non se pode cuestionar.

4. Inmobilismo vertical: se pertences a un estamento baixo é imposible que subas de clase social.

5. Monarquía absoluta: o monarca é rei por dereito divino e ten os tres poderes do estado.

6. Sufraxio censitario: sistema electoral no que solo se lle permitía votar á parte da poboación que tivera características económicas ou sociais que lle permitisen estar inscritos nun censo electoral.

7. Ilustración: movemento cultural e intelectual do século xviii que surxe en Francia e pretende iluminar ao ser humano con coñecementos.

8. Ilustrados: filósofos, principalmente franceses, que se opoñen ó antigo réxime.

9. Razón: capacidade da mente humana de pensar e obter  conclusións entre ideas.

10. Espíritu crítico: capacidade de xuzgar a verdade dunha idea e de facer críticas propias.

11. Déspotas: monarcas absolutistas do século xviii que aceptan ideas ilustradas. "Todo para o pobo pero sen o pobo".

12. Monarquía parlamentaria: forma de goberno onde o parlamento ten o poder lexislativo, o goberno o executivo e o rei ten función de xefe de Estado baixo o control dos anteriores.

13. República parlamentaria: sistema parlamentario no que o primeiro ministro (normalmente) é o xefe de goberno e non hai rei.

14. Racionalismo: os ilustrados baseában as súas ideas no uso da razón.

15. Empirismo: os ilustrados baseában as súas ideas na experimentación.

16. Liberalismo: defende que a autoridade para gobernar está no pobo.

17. Fisiocracia: a principal fonte de riqueza é a agricultura.

18. Liberalismo económico: rexido pola lei da oferta e da demanda.

19. Neoclasicismo: estilo artístico que aparece no século xviii e que busca o equilibrio e a serenidade mediante orixes grecorromanas. "Segundo Renacemento"

20. Constitución: é a lei fundamental dun estado que está por enriba de todo e que define os dereitos e liberdades dos cidadáns.

21. Independencia: formación inmediata dun país despois da separación de outro do cal formaba parte. (Independencia dos Estados Unidos - 1783).

22. Guerra de Sucesión: conflito internacional (1701-1713)  que se produce pola morte sen descendencia de Carlos II. Había dous candidatos, Filipe V (Borbón) e Carlos de Austria (o cal é proposto por outros países que temen que España e Francia se unan). Gaña Filipe V.

23. Paz de Utrecht: tratado no que España cede territorios a Austria, Reino Unido e Savoia. Fin da Guerra de Sucesión.

24. Decretos de nova planta: decreto no cal quedan abolidas as leis e institucións propias de Valencia, Aragón, Cataluña e Mallorca porque estes territorios non apoiaron a Filipe V na guerra de Sucesión.

25. Motín de Esquilache: o marqués de Esquilache propón sustituír a vestimenta popular tradicional e o pobo esixe que o marqués sexa destituído. Carlos III bótao pero de continuo expulsa os xesuítas, a quenes considera incitadores do motín. Este é un exemplo das dificultades ás que se enfrontaban para modernizar o país.