lunes, 27 de febrero de 2017

UNIDADES 2, 3 E 4: REVOLUCIÓN FRANCESA E INDUSTRIAL.

1.- MAPA MENTAL DA REVOLUCIÓN FRANCESA COAS PRINCIPAIS ETAPAS E ACONTECEMENTOS.

2.- EIXE CRONOLÓXICO DE SÉCULO XVIII E XIX: REVOLUCIÓN FRANCESA, NAPOLEÓN, RESTAURACIÓN, REVOLUCIÓNS LIBERAIS S.XIX E REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.
3.- INVENTO DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

A MÁQUINA DE VAPOR.
A máquina de vapor foi o invento máis importante da Primeira Revolución Industrial que acelerou notablemente o desenvolvemento da economía en Estados Unidos e nos principais países de Europa Occidental.  Esta foi a predecesora dos motores impulsados por hidrocarburos, como o petróleo.
       
Patentouna o escocés James Watt en 1769 con algunhas melloras, aínda que a máquina existía dende datas previas á citada anteriormente. Non consumía moito e era capaz de producir vapor para facer xirar unha roda a ritmo constante.

A primeira función que desenvolveu foi extraer auga das galerías das minas. Despois das melloras xa se utilizou en moitos máis sectores: a industria téxtil, siderúrxica, os transportes, o comercio... O carbón mineral era necesario para o seu funcionamento, polo tanto, houbo un gran desenvolvemento da minaría. Aplicouse ós transportes, por exemplo o ferrocarril e a locomotora. Isto favoreceu ó comercio e á produción porque as materias primas e os produtos manufacturados chegaban ao seu destino máis rápido. Tamén se utiliza na navegación fluvial durante a primeira revolución industrial e na segunda xa se estende a toda a navegación.





4.- CRONOLOXÍA DOS PRINCIPAIS ACONTECEMENTOS EN ESPAÑA NO SÉCULO XIX, ESPECIALMENTE NO REINADO DE ISABEL II.